Debido a miña diversa formación e experiencia adquirín numerosos recursos que poño en práctica desenvolvendo o que máis me gusta e apaixona: o deseño en todas as súas disciplinas e formatos.
Teño formación e experiencia en desenvolvemento front-end, deseño UX/UI, deseño e maquetación web, dirección artística e en deseño gráfico publicitario. En definitiva, son unha Deseñadora Full-Stack: podo participar en tódalas fases da realización dun proxecto.
Especialista en usabilidade e experiencia de usuario (UX) e en creación de interfaces para webs, móbiles e apps (UI), sen perder de vista o deseño e a creatividade.
Experiencia como directora de arte realizando análises de proxectos, estudios de obxectivos e clientes, deseños de propostas gráficas e a supervisión da elaboración desas propostas.
Traballo con HTML5, CSS3 e JavaScript utilizando código limpo, reutilizable, responsive e optimizado para o posicionamento en buscadores. Adquirín un nivel de manexo experto das ferramentas de Adobe Creative Cloud (PhotoShop, Illustrator, After Effects, Premiere e InDesign), de CMS como WordPress, de frameworks como Bootstrap ou de programas de prototipado como InVision.